Casa da Moeda de West Point

Coordenadas: 41°23′47″N 73°58′56″O / 41.39639, -73.98222

Casa da Moeda de West Point
US Mint


Edificio da
Casa da Moeda de West point

TipoEstablecemento público de carácter industrial e comercial
Fundación1937
MatrizCasa da Moeda dos Estados Unidos
LocalizaciónWest Point
Nova York
Estados Unidos de América Estados Unidos.
IndustriaCuñaxe.
ProdutosMoedas e medallas.
Notas
Marca de ceca: W.
editar datos en Wikidata ]

A Casa da Moeda de West Point (en inglés: West Point Mint) é unha fábrica de moeda estadounidense establecida en 1937 como depósito de metais preciosos e convertida despois nunha das ramas da Casa da Moeda dos Estados Unidos. Localízase en West Point, Nova York, preto da Academia Militar dos EEUU.[1][2][3][4]

Nalgún momento chegou a ter a maior concentración de prata de todas as casas de moeda do país. Durante 12 anos dedicouse principalmente á cuñaxe de moedas circulantes dun centavo, aínda que máis recentemente se ocupa case en exclusiva da fabricación de moedas conmemorativas e de investimento, así como á almacenaxe de ouro.[2][4][5]

Aínda que o seu establecemento data de 1937 como depósito de metais preciosos (co nome de West Point Bullion Depository), non foi ata o 31 de marzo de 1988 cando se constituíu como unha das ramas da Casa da Moeda dos Estados Unidos. As súas instalacións están incluídas no Rexistro Nacional de Lugares Históricos.[2][4][6]

  1. "U.S. Mint West Point Facility". United States Mint.
  2. 2,0 2,1 2,2 "West Point Mint... Strikes Millions of U.S. Silver Dollars Arquivado 26 de xullo de 2021 en Wayback Machine.". US-Mint.info
  3. "West Point Mint: The Newest US Mint". U.S. Coin Values Advisor.
  4. 4,0 4,1 4,2 "West Point US Coin Mint". USA Coin Book.
  5. "54Million Ounces Of US Gold Located At West Point Arquivado 11 de decembro de 2019 en Wayback Machine.". En The Daily Coin. 18 de abril de 2019.
  6. "US Bullion Depository, West Point, New York". National Register of Historic Places.

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search